Tras anos de adición á televisión e un correcto fracaso escolar, en 2002 inicia a súa formación en artes escénicas en Espazo Aberto, Santiago de Compostela.
En 2004 trasládase a Barcelona onde continúa a súa formación con Sandro Dielli, Good Idea Co., Eric de Bont, Wendl Wells, Johnie Melville, Jordi Cortés, Andrés Corchero, Rosa Muñoz, Ariel Procajlo, Hisako Orikawa, Oguri. Marta González (Serge Wilfart) Esther Formosa.
Forma parte da plataforma de creación AREAtangent, onde traballa con Jordi Oriol, Alex Serrano, Silvia Delagneau, Pablo Rosal e Víctor Molina entre outros, e cos que realiza os espectáculos “Muda”, “Todas las historias tienen un árbol” e “Prometeu no res”.
Desde 2006 entra a traballar na compañía Agrupación Sr. Serrano, coa que participa como creador e intérprete nos espectáculos: “Mil tristres tigres” (2006), “Europa” (2007), “Contra.Natura” (2008), “Artefacto” (2009), “Memo” (2010), “Katastrophe” (2011), “BBBB” (2012) e “Kingdom” (2018), coos que xira por escenarios de todo o mundo e recibe numerosos premios, entre o que cabe destacar o León de Prata da Bienal de Venecia 2015.
Traballa tamén coa compañía Raravis/Andrés Corchero/Rosa Muñoz nas produccións “San Vito” e “Present vulnerable”.
De regreso a Galicia colabora coa compañía Voadora como creador e intérprete nas súas produccións “A tempestade” (2014), “Calypso” (2015) e “Soño dunha noite de verán” (2017). Colabora ademáis con outras compañías como Lola Arias e Pistacatro entre outras.
En cine destacan os seus papeis principais nas largometraxes “Pedro e o capitán” (Pablo Iglesias, 2013), “Trote” (Xacio Baños, 2018), “Ons” (Afonso Zarauza, 2020), "Malencolía" (Afonso Zarauza, 2021), "As bestas" (Rodrigo Sorogoyen, 2022).
Como creador en solitario desenvolve as seguintes producións:
· "Paper boy" (2003)
· "O Alemán" (2004) coprodución con AREAtangent.
· "Cascuda" (2008) coproducción co Centro Dramático Galego e co apoio do Festival Grec (BCN) e La Caldera (BCN)
· "Symon Pédícrí" (2013) coproducción con Festival TNT/CAET- Centre d’arts escèniques de Terrasa, ALT - Festival alternativo das artes escénicas de Vigo, FIOT Festival internacional Outono de Teatro. Coa colaboración de El Graner i Mercat de les Flors. Centro Dramático Galego. Carta Blanca Projecte Modul Dance, premiado cunha axuda á residencia de creación de Iberescena.